VOLANTE DEPUTACION DE LUGO 2019
27287 Pastoriza
Lugo
España
Os próximos 12 e 13 de outubro celébrase a 8ª edición do Volante Deputación de Lugo, unha actividade que pretende achegar a calquera persoa sen experiencia o mundo da competición automobilística, vivindo desde dentro un rallie como o San Froilán, tal vez o mais carismático de Lugo, combinando deporte e formación, posibilitando ó gañador pilotar un Suzuki Swift Sport do trofeo de dita marca.
Esta iniciativa deportiva, con carácter absolutamente gratuíto, que está posta en marcha pola Deputación de Lugo, que consiste nunha selección onde os participantes recibirán un curso de condución para igualar e equilibrar coñecementos entre uns e outros, celebrarase no circuíto da Pastoriza. O proceso de selección estará supervisado por un xurado composto por pilotos, monitores de PTC Escuela e colaboradores deste proxecto.
O prazo para enviar os formularios de inscrición estará aberto a partir do día 3 de outubro ás 14:00 horas ata o venres 11 de outubro de 2019 ás 10:00 horas. As prazas están limitadas a 185 participantes, e será por rigoroso orde de recepción das inscricións.
O titular do primeiro premio será seleccionado como piloto e participará no Rallye San Froilán 2019 dentro da estrutura do equipo de competición PTC de forma totalmente gratuíta. O segundo e terceiro clasificados recibirán como premio unha formación especifica de piloto recibindo un curso multidisciplinar de competición, curso ao que loxicamente tamén terá acceso o vencedor.
Bases Volante Deputacion 2019
Hoja de inscripcion Volante deputacion 2019

