Blog

VOLANTE DEPUTACION DE LUGO 2024

Cuando:
julio 13, 2024 – julio 14, 2024 todo el día
2024-07-13T00:00:00+02:00
2024-07-15T00:00:00+02:00
Donde:
Circuito Da Pastoriza
27287 Pastoriza
Lugo
España
Precio:
Gratis
Contacto:

Os próximos 13 e 14 de xullo celébrase a 13ª edición do Volante Deputación de Lugo, unha actividade que pretende achegar a calquera persoa sen experiencia o mundo da competición automobilística, vivindo desde dentro un rallie como o San Froilán, tal vez o mais carismático de Lugo, combinando deporte e formación, posibilitando ó gañador vivir a experiencia de pilotar participando nun rallie.

Esta iniciativa deportiva, con carácter absolutamente gratuíto, que está posta en marcha pola Deputación de Lugo, que consiste nunha selección onde os participantes recibirán un curso de condución para igualar e equilibrar coñecementos entre uns e outros, celebrarase no circuíto da Pastoriza. O proceso de selección estará supervisado por un xurado composto por pilotos, monitores de PTC Escuela e colaboradores deste proxecto.

O prazo para enviar os formularios de inscrición estará aberto a partir do día 27 de xuño ás 9:30 horas ata o xoves 11 de xullo de 2023 ás 12:00 horas. As prazas están limitadas a 160 participantes, e será por rigoroso orde de recepción das inscricións.

O titular do primeiro premio será seleccionado como piloto e participará no Rallye San Froilán 2024 dentro da estrutura do equipo de competición PTC de forma totalmente gratuíta. O segundo e terceiro clasificados recibirán como premio unha formación especifica de piloto recibindo un curso multidisciplinar de competición, curso ao que loxicamente tamén terá acceso o vencedor.

Bases Volante Deputacion 2024

Hoja de inscripcion Volante Deputacion 2024