Reglamento PTC Racing Series 2015

high school online homework help english

1.- REGULAMENTO CAMPIONATO DE REGULARIDADE SPORT EN CIRCUÍTO (PTC RACING SERIES 2015).Portada REG OKs
PTC Escola, e a Federación Galega de Automobilismo, organizan un Campionato denominado “PTC RACING SERIES 2015” de regularidade sport en circuíto. O Campionato componse de 3 eventos a disputarse nos circuítos da Pastoriza (Lugo), e da Magdalena (Pontevedra).
Cada evento puntuable consiste nunha serie de probas cronometradas onde os participantes, tras elixir o tempo por volta no que efectuarán o percorrido, deberán repetilo en cada volta da proba cronometrada.
O gañador do evento será o que menos penalizaciones sume ao longo das probas cronometradas e as penalizaciones dependerán directamente do ritmo empregado (menos tempo empregado implica unha menor penalización), da regularidade obtida, e das penalizaciones obtidas por determinadas manobras (trompos, saída de pista, detención do coche).


2.- VEHICULOS ADMITIDOS.
Os vehículos admitidos serán os turismos , en tres categorías principais, clásicos de rúa, clásicos de competición e vehículos post-90.
Á súa vez, cada categoría principal divídese en varias clases en función das súas prestacións.

CATEGORIA 1: CLASICOS DE RÚA.
Clase 1: Vehículos de ata de 1300 c.c. anteriores a 1975.
Clase 2: Vehículos entre 1300 ata 2000 c.c. fabricados antes de 1975, e vehículos de ata 1300 c.c. fabricados entre 1975 e 1990.
Clase 3: Vehículos de máis de 2000 c.c. fabricados antes de 1975, vehículos entre 1300 ata 2000 c.c. fabricados entre 1975 e 1990.
Clase 4: Vehículos de máis de 2000 c.c. fabricados entre 1975 ata1990.

CATEGORIA 2: CLASICOS DE COMPETICION.1409 CS 389 (1)
Clase 5: Vehículos clásicos de competición ata 1300 c.c.
Clase 6: Vehículos clásicos de competición entre 1300 ata 2000 c.c.
Clase 7: Vehículos clásicos de competición de máis de 2000 c.c.

CATEGORIA 3: VEHÍCULOS POST-90.
Clase 8: Vehículos fabricados con posterioridad a 1990 de rúa. 
Clase 9: Vehículos fabricados con posterioridad a 1990 de competición. 

– O vehículo debe de estar en bo estado mecánico, revisado adecuadamente antes de entrar na pista.
– Prohíbese a utilización de neumáticos slick ou de competición salvo nas clases 5,6 , 7 (Clásicos de competición) e clase 9 (Post-90 de competición).
– Carrocería: ha de presentar unha boa aparencia estética, sen posibilidade de que vaia perdendo pezas. Non se permite rodar sen capó.
– Cinto de seguridade: Si o vehículo non equipa arneses, o piloto debe ir co cinto de seguridade de serie do vehículo debidamente abrochados.
– Tódalas medidas de seguridade, destinadas á competición automobilística (mono ignífugo, sotocasco, luvas, dispositivo Hans, ou collarín, etc), equipando ao piloto ou copiloto, recoméndanse, son benvidas aínda que non obrigatorias.


3.- PARTICIPANTES.

– O participante debe ser maior de idade e estar en plenas facultades físicas ementais. O piloto terá carnet de conducir en vigor válido en territorio español.

– Todo participante que salga a rodar ao circuíto debe ir provisto dunha licenza expedida pola Federación Galega de Automobilismo, sendo validas as seguintes: 

– Licencia Específica das PTC Racing Series: similar a de piloto (AA) pero con un coste de sólo 100 euros por tempada  gracias á subvención aportada por PTC Escuela

– Licencia de Piloto E/AU (tódalas modalidades)

– Licencia de Piloto AA (Automóbiles antigos, conc. Rutas e rallyes de 2ª categ).

Para adquirir as licencias: www.fga.es

– Casco: Uso obrigatorio inexcusable para participantes da categoría 2 “Clásicos de Competición” (Clases 5,6 e 7) e na Clase 9 (Post-90 de competición). Pode ser un casco integral de motocicleta ou un de coche, xa sexa integral ou tipo “jet”. Non se permite o uso de cascos de motocicleta tipo “calimero”, nin de bicicleta, boxeo, equitación, rugby, esquiador, ou similares.


4.- APARATOS DE MEDICION.
– Permítese calquera tipo de aparello de medición electromecánico e/ou digital.


5.- NORMAS BÁSICAS.
Son normas básicas de comportamento en favor da seguridade para todos, tanto para pista como paddock. Todo participante comprométese a respectalas fielmente, así como acatar as decisións e ordes do persoal do circuíto, ou dos axudantes da Organización do evento, ou integrantes de PTC Competición.
O non cumprilo aquí exposto, pode dar orixe a limitar, ou non permitila participación, incluso a expulsión do recinto privado no cal desenvólvese o evento, así como chegar a vetar a asistencia do infractor en posteriores ocasións, si así se considera por parte da Organización, a calquera infracción daráselle traslado, en acta redactada ao efecto, ao Tribunal Galego de Apelación da Federación Galega de Automobilismo.

5.1.- EN PISTA:
– O circuíto de Pastoriza/Magdalena regarase a exclusivo criterio do Organizador, e implicará que o nivel de adherencia será variable. O participante debe ter en conta este aspecto á hora de elixir o tempo por volta antes de cada especial cronometrada.
– Adiantamentos: Non está permitido chegar en paralelo ás curvas con outro participante. O vehículo que roda máis lento ten que facilitar o adiantamento na medida do posible ao que roda máis rápido, intentando deixarlle a trazada boa.
O vehículo que adianta debe extremar as precaucións. Recoméndase deixarse adiantar polo vehículo máis rápido nas rectas, e o adiantamento débese facer sempre pola esquerda.
– Si se quere abandonala pista, hase de facer pola saída correspondente de cada circuíto. Si mecánicamente non é posible chegar, débese estacionar o vehículo o máis afastado posible da trazada e escapatoria, e moi importante, non baixarse deste, esperando a que chegue a asistencia ou algún membro da organización cun vehículo de rescate.
– Drifting: por norma xeral está permitido, pero cada participante debe ser responsable, e non obstaculizar a outros participantes, no seu percorrido.
Permítese a condición de que ao vehículo que realiza a manobra non lle siga ninguén nun espazo máis que suficiente (non debería poder ser alcanzado en caso de realizar un trompo). Si un participante falla e quédase cruzado en metade da pista por este motivo, ou pon en risco a outros participantes, se lle penalizará segundo regulamento. A reiteración destas situacións pode supoñer a exclusión por exceso de penalizacion (máis de 15 puntos de penalizacións extra por proba cronometrada segundo indica o regulamento). Todo participante debe ser consciente da súa experiencia como piloto e das posibilidades do seu vehículo.
– Tense que telos portelos subidos-pechados en todo momento. Non se pode lanzar ningún obxecto á pista nin fumar ou falar polo móbil/emisora desde dentro do vehículo, sendo motivo de exclusión do evento.
– Non se pode rodar sen motivo de peso razoable por encima do tempo máximo por volta establecido pola organización.

5.2.- NO PADDOCK:
– Velocidade: Débese circular a moi baixa velocidade, extremando as precaucións, xa que se comparte o espazo con peatóns, con coches que saen de aparcamentos ou dos accesos.
– Ruídos: Prégase a tódolos participantes que se absteñan de dar aceleróns en vacio ou de poñer a música do vehículo para evitala contaminación acústica.
– Aparcamentos: Tense que poñer especial atención para non obstaculizalas entradas ou saídas da pista, corredores de circulación, entradas a boxes, a zona de organización. Así como non impedir a saída dun vehículo xa estacionado anteriormente.


6.- DEREITOS DE INSCRICION.
90 euros por participante, que inclúe o seguro de R.C. acorde ao estipulado na Lei de Circulación e a normativa vixente esixida pola Federación Galega de Automobilismo.
A inscrición deberá formalizarse mediante ingreso na conta corrente seguinte a nome de PTC ESCOLA, especificando no detalle do ingreso o nome do participante, vehículo, e proba na que se deséese participar:
 IBAN ES65 0238 8138 60 0600068178
A cobertura do seguro dos participantes, para participar na proba, está incluído nas licenzas obligatorias expedidas pola Federación Galega de Automobilismo.
O uso do mesmo vehículo por varios participantes: Un mesmo coche pode competir en mans de varios pilotos diferentes. O prezo de inscrición é persoal de 90 euros por participante.

Ademais do pago dos dereitos de inscripción por proba, tense que cumprimentar o  formulario de inscripción específico de cada proba.


7.- EVENTOS PUNTUABLES E PUNTUABILIDADE.1409 CS 302
O Trofeo PTC RACING SERIES 2015 consta de 3 eventos:

– I G.P. A Pastoriza: 6 de Setembro.
– I G.P. A Magdalena:  3 Outubro.
– II G.P. A Pastoriza: 25 Outubro 

O vencedor do Campionato será o que máis puntos obteña ao longo das 3 probas puntuables, sendo todas acumulables, e serán entregados, na Gala Anual da Federación Galega de Automobilismo, por membros de PTC Escola.

Puntuación de cada evento= Puntos por clasificación xeral + Puntos por clase

Puntuación por clasificación xeral de cada proba: 1º 25, 2º 20, 3º 17, 4º 15, 5º 13, 6º 11, 7º 10, 8º 9, 9º 8, 10º 7, 11º 6, 12º 5, 13º 4, 14º 3, 15º 2 y 16º 1 puntos.

A maiores, sumaranse os puntos por clase da seguinte maneira:
1º de clase: tantos puntos como participantes haxa.
Si por exemplo concorren 5 coches da mesma clase, o 1º lévase 5 puntos extras, o 2º 4, e así sucesivamente.


8.- PREMIOS.
Trofeos ós mellores de cada categoría en cada proba.

Trofeos ós mellores clasificados da xeral do campionato a entregar na Gala Anual da Federación Galega de Automobilismo.


9.- DESENROLO DA COMPETICION E PENALIZACIÓNS.
A proba consistirá nunha serie de probas cronometradas onde os participantes, tras elixir o tempo por volta no que efectuará o percorrido, deberá repetilo en cada volta da especial cronometrada. O resultado final será o resultante da suma do tempo empregado e as penalizaciones obtidas. O ganador será o que menos puntos realice ao longo das probas cronometradas.
O tempo por volta será o que previamente elixa cada participante antes de abordar a especial cronometrada, e realizadas as voltas de adestramentos oficiais.
Tipo de penalizacións:
1) Tempo empregado (TE): Penalizarase un punto por segundo empregado no percorrido.
2) Penalizaciones Regularidad (PR): Penalizaranse 3 puntos por segundo de variación sobre o tempo por volta elixido.
3) Penalizacións Extra (PE):
– Detención do coche: 6 puntos.
– Trompo: 6 puntos.
– Saída de pista: 10 puntos (considérase saída de pista cando máis de dous pneumáticos están fóra do asfalto.
– Estorbar a outro rival cando vén a media superior; 1º aviso 3 puntos. 2º aviso: 10 puntos, 3º aviso 15 puntos.
É motivo de exclusión realizar máis de 15 puntos de penalizacións extra nunha mesma proba cronometrada.

1409 CS4 215_3Penalización total da proba cronometrada= TE +PR +PE

Exemplo de puntuacións:

1) Participante 1.
Tras dalas voltas de recoñecementos elixe facer o percorrido en 1 minuto, 20 segundos (80 segundos)
Primeira pasada: 1,20 ——————————-Penalización: 80 puntos + 0 + 0
Segunda pasada: 1,23 (con trompo) ————Penalización: 83 puntos + (3X3) + 6
Terceira pasada: 1,22 (con saída pista) ———Penalización: 82 puntos + (2X3) + 10
Total puntos participante 1: 80 + 98 + 98 = 276 puntos

2) Participante 2.
Tras dalas voltas de recoñecementos elixe facer o percorrido en 1 minuto, 22 segundos (82 segundos)
Primeira pasada: 1,21——————————–Penalización: 81 puntos + (1X3) +  0
Segunda pasada: 1,24 (con dúas detencións) —-Penalización: 84 puntos + (2X3)+ 12
Terceira pasada: 1,22——————————– Penalización: 82 puntos + (0X3) + 0
Total puntos participante 2: 84 + 102 +  82 = 268 puntos

Para maior información: 696 87 96 29 / clasicos@ptcescuela.com

different mobile designers listed here mobile apps company retain qualified app creators